**O Reto de Máscaras** / A curtametraxe: Calcetin(e)s ===== Amor e intriga mentras traballaban ===== ----
Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle pero un día... notifícanlles que teñen que empezar a fabricar as rodas para as portas de corredera. O cambio trae a Brais tráxicos recordos así que pide o traslado a outra área. E mándano á cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse ata que un día, angustiado pola situación, ten un accidente e o último que ve antes de perder a consciencia foron uns preciosos calcetíns. Pero nada é o que parece...
{{ vimeo>53603959?700x394 }} \\
\\ ===== Bolos: diversión e cansancio ===== ---- {{https://c1.staticflickr.com/9/8501/8444764910_cb29f1e491_o.jpg?300 |}} Entre os diferentes bolos de presentación da súa curta, destacan dous moi especiais: * A viaxe a Cangas convidados polo actor Miguel Ángel Blanco, Mighello para os amigos * A festa que organizaon un 14 de febreiro no Teatro Colón de A Coruña para celebrar o día dos namorados. \\ ==== En Cangas ====
{{http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/02/20130202_191249-e1388161409992-1024x722.jpg?200 |}} Era xa de noite cando sacamos a foto, e é que foi un día moi completo. A viaxe era longo (dúas horas e media), os protas estaban moi animados e, claro, o resto sumámonos á alegría. A xente que asistiu ao pase foi encantadora, riron durante toda a proxección e, unha vez terminada, os cinco de Calcetin(e)s deron renda solta á súa verborrea. Preguntáronlles sobre o traballo realizado, o que aprenderon, que foi o máis difícil?, e eles, entre respostas, tamén ían contando máis cousas e chegaron a Máscaras. Queren facer máis películas. Así é que chegamos de madrugada! Vaia cuadrilla! Moitísimas grazas a Mighello Branco e ao seu Manancial, así como a toda a xente que nos acompañou.
| {{ https://c1.staticflickr.com/9/8517/8444765758_bb3be0cd45_b.jpg?300 |}} | {{ https://c1.staticflickr.com/9/8043/8443675981_540b3c5820_b.jpg?300 |}} |
\\ ==== A festa dos namorados ==== | {{http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/02/colon-624x970.jpg?200 |}} | {{ http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/04/Recuerdo-Colon-copy-624x468.jpg?400 |}} | Querían algo especial e o conseguiron. Pero esta vez, ademais, foron auténticos anfitrións da festa, sorteo de regalos incluído. E tamén tiveron sorpresa, un saudo moi especial que os sorprendeu na pantalla... {{ vimeo>59582623?500x281 }} \\ **Album de Flickr**
14 de febrero de 2013, Teatro Colón
\\
\\