**O Reto de Máscaras** / Guía didáctica para novos prototipados
Todo o real é pensable (hipótese da ciencia), pero todo o pensable non ten por que ser real (hipótese da literatura), daquela a imaxinación é máis grande que a realidade enteira (tese científico-literaria). [[http://cultura.elpais.com/cultura/2017/01/31/babelia/1485875547_972421.html?id_externo_rsoc=TW_CC|Jorge Wagensberg]]
===== Singularidade do enfoque cinematográfico ===== ---- **O enfoque cinematográfico foi o RETO** que permitiu que os protagonistas mostraran e emocionaran ao público coa súa historia de como e por que foi posible levar adiante unha experiencia como a do Proxecto Máscaras.
En MASCARAS se consigue transmitir, o se demuestra que puede ser transmisible al espectador una carga suficiente de afectos y emociones. Y tiene suma importancia, teniendo en cuenta que se parte de una situación difícilmente narrable para el formato cine. Pero en este caso se consigue. Básicamente, a mi entender, con el lenguaje de la cámara. Detalle y definición que se nos escaparían a nuestra corta mirada.
Simplemente porque nuestro ojo no tiene el poder de un zoom para mirar tan de cerca. O por cualquier otra causa…
[[:antonio_armada_medico_e_inspector_de_sanidad|Antonio Armada, médico e inspector de Sanidade]]
**Proxecto revelador** //Presentado en Madrid como un dos “experimentos máis singulares e reveladores do cine español nos últimos anos”, o proxecto ‘Máscaras’ desenvolveuse ao longo de catro anos sumando preto de 300 horas de gravación, durante as que o equipo seguiu os cinco protagonistas desta historia: Manuel Penido, Eva Fernández, Miguel Fernández, Amparo Díaz e Mireya Delgado.// //Como compañeiros no obradoiro audiovisual que organiza unha asociación dentro das súas actividades de ocio, os cinco intérpretes involúcranse na gravación dunha curtametraxe de intriga, amor e humor. ‘Máscaras’ é a historia deste reto, de como un grupo de persoas, coas súas distintas capacidades, aprenden a colaborar e asumen a responsabilidade de sacar adiante o seu propio proxecto audiovisual.//
\\
\\
\\ ===== Guión cinematográfico de Máscaras===== ---- **Sinopse breve** Como cada ano, Eva, Manolo, Amparo, Miguel e Mireya tiñan que elixir unha actividade de lecer e o de facer un curto pois se saía do habitual. Pero non sabían o que lles esperaba: nervios, esforzo, risas, camaradería? Porque mentres aprendían, ensaiaban e rodaban o seu curto, estaban a ser actores da súa vida e da súa película: Máscaras **Sinopse larga** A historia de Máscaras comeza fóra de cámara. Un día, desde o departamento de lecer dunha asociación de persoas con discapacidade intelectual, contactaron connosco para estudar a posibilidade de realizar unha curtametraxe. Ante esta proposta vimos outra historia que contar: a dun proceso de construción. Máscaras nace así como unha historia aberta, necesariamente sen un final. Si, o obxectivo era realizar esa curtametraxe, pero baseándonos en experiencias pasadas decidímonos a pautar este proceso de tal maneira que o seu desenvolvemento non dependese unicamente de nós. É máis, ese desenvolvemento tiña que depender duns protagonistas que nese momento nin sequera existían. **A filosofía do proxecto comezaba a desenvolverse desde este momento**. Para empezar, non existía casting de ningún tipo: a posibilidade de participar era completamente aberta. Ademais, esperamos ao momento máis adecuado para que o proceso se integrase no seu calendario habitual, para que non supuxese ningún feito extraordinario. Desde o principio era necesario que algo tan pouco habitual como enfrontarse ás cámaras fóra, na medida do posible, parte da rutina. **Así arrinca a película, cun grupo de sete persoas que se apuntan a unha actividade que ten como obxectivo realizar unha curtametraxe. A partir deste punto chegaba o traballo de desenvolvemento para que este proceso fose aberto, pero non libre**. **O primeiro era crear un grupo máis ou menos cohesionado, e, sobre todo, consciente de que só deles dependería o resultado fina**l. Mentres que noutras curtas destas características apareceran como secundarios, nesta ocasión non podían ser protagonistas actores "normais": **eles, e só eles, debían ser quen centralizase a narración dunha historia que tamén tiña que ser súa**. {{https://c2.staticflickr.com/6/5254/5527048307_ff3fc8af98_b.jpg?250 |}} **Para conseguir este sentimento de grupo recorremos á inexperiencia: Púxoseá fronte a unha persoa sen ningún tipo de relación coa discapacidade, e do seu propio esforzo para integrarse xurdiu a vontade nos protagonistas para afrontar o reto.** Aínda que nun principio esperaban as ordes para saber que tiñan que facer, pronto asumiron que todo este proceso dependería deles. É a partir deste momento cando a engrenaxe do grupo comeza a funcionar como un reloxo. **Dun proceso conversacional xorde esta identidade de grupo, e tamén as ideas que posteriormente se integrarán nunha historia que será o guión** da súa curtametraxe, entón aínda sen título. Pero non é só un labor de construción: **entre eles, e agora xa tamén sumándose parte do equipo técnico, desenvólvese un coñecemento mutuo que servirá para irse apoiando os uns aos outros alí onde ven que poden fallar**. Máscaras chega aquí ao seu momento decisivo, o de lanzarse ao esforzo final de ensaiar e rodar a curtametraxe. {{ https://c2.staticflickr.com/6/5223/5668770471_b1e1037ff5_o.jpg?250|}} Neste momento a película non se acelera: eles desenvolveron unha dinámica de traballo e saben anticiparse e apoiarse na medida do posible. Aínda que á hora de repasar o texto xorden os últimos medos, saben que non hai xa marcha atrás, e que é o seu momento decisivo. A gravación da curta durará tres longas sesións de intensos esforzos. Sufrirán a tortura das esperas, o sopor das repeticións, e os nervios de tropezar en determinados momentos do guión, pero non se renden e conseguen sacar adiante a súa historia, aquilo para o que levaban meses preparando. O final da película só podía ser un: que máis aló da abstracción que supón unha rodaxe respecto dunha historia, se puidesen ver en pantalla grande superando o seu reto \\ ===== A ter en conta ===== ---- ^ Publico obxectivo ^ Suxectións ^ | Todos/as | Creer nas persoas \\ Relacionarse coa persoa, non coa discapacidade \\ Enfocar a mirada ás persoas e ás súas capacidades \\ Respetar os espazos e os tempos de cada persoa \\ Non sustituir na prestación de apoios \\ Acompañar na toma de decisións, sin guiar nin interferir \\ Aceptar os erros e acompañar na frustración sen reproches nin condescendência | | Famílias | Apoiar na xestión do compromiso co proxecto \\ Xestionar apoios para que podan cumplir coas responsabilidades en canto a horarios e requerimentos da organización | | Voluntariado | Manter unha relación de iguais \\ Xestionar apoios \\ Facer mediación | | Profesionais | Establecer contexto e obxectivos iniciais, deixando espazo á creatividade e sendo flexibles ás modificacións que decida o grupo \\ Xestionar apoios e prestar aqueles apoios que son estrictamente responsabilidade dun profesional \\ Facer mediación | | Menbros do equipo | Asumir a responsabilidade do proceso \\ Comunicar a percepción do que sucede \\ Participar na toma de decisións \\ Propoñer o rol a desempeñar e responsabilizarse no seu desenvolvemento | \\ ==== Abrindo portas... tamén no audiovisual ==== Pero o importante non é só que outras persoas e colectivos poidan seguir avanzando nos valores aprendidos desde esta experiencia, senón tamén eliminar as barreiras e medos que afectan en todos os ámbitos, tamén no cinematográfico. ^ 2012: Máscaras inicia o seu percorrido público con pases e coloquios ^ 2017: Integración na equipa de protocolo dos [[https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/premios-mestre-mateo/|Mestre Mateo]] ^ | {{ :sin_comillas:mascaras_21_mayo_santiago_064.jpg?390 |}} | {{ :sin_comillas:mestre_mateo_grupo.jpg?380 |}} | \\