====== Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación ====== {{http://www.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/05/Mascaras-21-mayo-Santiago-042-1280x768-300x200.jpg?200 |}} Mentres imos percorrendo o [[https://twitter.com/jctous/status/336734264039182336 | difícil camiño]] cara á distribución, cada [[http://informaciongalicia.net/2012/06/estamos-haciendo-lo-posible/ | pase de Máscaras]] é un tesouro que nos enriquece, e enreda, nun inmenso e tentador universo de posibilidades. E aínda que é certo que cada un ten algo especial, o da comunidade educativa é MOI importante para este Proxecto. Pero este pase de Máscaras, co [[http://www.edu.xunta.es/web/benvida | Conselleiro de Cultura e Educación]], actual alcalde de Ourense, como anfitrión e o encanto do [[http://www.edu.xunta.es/mupega/ | Museo Pedagóxico de Galicia]], tivo [[http://calcetins.blogspot.com.es/2013/05/tejiendo-red-hacia-el-publico.html | bóla extra]]:
A experiencia do pase de Máscaras de onte, [[http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4164/conselleiro-cultura-educacion-salienta-proxeccion-mascaras-aposta-seu-departamento | cun público tan específico]] conseguiu o que nunca imaxinásemos: Eva sen palabras, con bágoas cheas de emoción e agradecemento polo que nos estaban dicindo. Esta é [[http://www.proxectomascaras.com/2013/01/las-grandes-trampas-del-tiempo/ | a medida]] do que está a supoñer ser actores na vida pública.
Nesta organización dos materiais e a reflexión, compartimos a [[http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9378 | nota de prensa da Consellería]] e o noso subliñado:
O conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez explicou o interese da Consellería neste modelo, “que aposta pola valía das persoas, e que soamente actúa para permitir que cada unha desenvolva a súa función, se estenda e se normalice”. “Pretendemos – engadiu- que os nosos modelos culturais e educativos xiren cara á materialización desta potencia, coa que creo que temos a garantía de superar os obstáculos para por de relevo as eivas dun sistema do que todas e todos formamos parte”. Deste xeito o conselleiro felicitou ao director do filme, Iago González Iglesias, así como a todo o equipo que permitiu materializalo.
---- **"Unha aposta pola valía das persoas, e que soamente actúa para permitir que cada unha desenvolva a súa función, se estenda e se normalice "** \\
\\
\\