**Potencial didáctico** / Menos "ensinar" e mais "ensaiar" [[http://resistir.info/livros/galeano_el_libro_de_los_abrazos.pdf|{{http://www.veusambveu.com/sites/default/files/9788432306907.jpg?150 |}}]]
Diego non coñecía a mar. O pai, Santiago Kovadloff, levouno a descubrila. Viaxaron ao sur. Ela, a mar, estaba máis aló dos altos médanos, esperando. Cando o neno e o seu pai alcanzaron por fin aqueles cumes de area, despois de moito camiñar, a mar estalou ante os seus ollos. E foi tanta a inmensidade da mar, e tanto o seu fulgor, que o neno quedou mudo de fermosura. E cando por fin conseguiu falar, tremendo, tartamudeando, pediu ao seu pai: **//Axúdame a mirar!//**
\\ \\ ===== A cabeza na nube e os pés na terra ===== ----
Non nos propuxemos solucionar un problema concreto nin teorizar, o que fixemos foi poñer encima da mesa a potencial da arte, o poder de transformación do audiovisual para construír novas narrativas que contribúan a [[http://contextos.gonzalomartin.tv/Empoderamiento|xerar contextos]] nos que definir motivos onde agora necesítanse altofalantes. Agora "só" queda chegar ao [[actores_na_vida_publica|espazo público]] porque a rúa é a materia pendente para que a diversidade non se free na normalidade encorsetada.
{{ http://www.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2012/09/NubeTAGS_ProxectoMascaras-e1347181083599-785x1024.jpg?550 |}} \\
\\ ===== Desenvolvemento de metodoloxías para "novos modelos" ===== ----
//A película “Máscaras” constituíuse como a experiencia dunha nova metodoloxía máis aló da observación dun proceso, empezando pola necesidade de crear equipo, seguindo polo traballo en grupo para definir que se vai facer e finalizando pola gravación da propia curta. Unha curta que non se sabía se se podería chegar a realizar, todo foi unha incógnita. A situación estaba aí, pero tamén o descoñecemento de como e a onde se podía dirixir.//
En termos xerais, o ámbito da discapacidade estivo, e segue estando, [[http://informaciongalicia.net/2012/09/actores-de-la-vida-publica/|separado das actividades cotiás]] dunha sociedade que durante anos foi evolucionando sen incluílos no seu propio desenvolvemento. Un grupo con insuficiencias, pero tamén con evidentes calidades e capacidades, sendo [[http://informaciongalicia.net/2013/04/los-programas-de-sensibilizacion/|nosos propios prexuízos]] os que nos impiden ver de preto unha realidade moito máis rica e complexa da que imaxinamos.
As teorías non serven, é necesario partir de accións concretas que permitan ir aproximando estes universos excluíntes que hoxe en día constitúen unha realidade paralela de presenza incontestable
. {{http://www.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2012/09/mesa_protasjpg.jpg?200 |}}**Máscaras** narra [[http://www.proxectomascaras.com/|a historia dun reto]] pero **é tamén o punto de partida para un universo que pide novos desenvolvementos e, sobre todo, novas canles de narración para que o aprendido da experiencia se universalice**. É unha película para todos os públicos, pero é necesario realizar o esforzo de adaptación en formatos para que o proceso de integración pola naturalidade chegue á máxima audiencia posible. Aínda que o desenvolvemento teórico é necesario, **a historia demóstranos que os grandes avances, en case todos os ámbitos de coñecemento, adóitanse dar a partir da experiencia, de “unha experiencia aparentemente casual”, ou conseguida a través do proceso de ensaio e erro, que é necesario entender e contextualizar**.
As cousas suceden por algo pero decatámonos cando sucederon así que é necesario localizar o punto de partida e desenredar o proceso para entendelo. Pero este proceso de desmenuzar e unir os puntos cara atrás, debe converterse despois nun proceso simple que permita asumir e replicar a complexidade da aprendizaxe inicial.
\\ ===== E agora que?: Inclusión de dentro fóra ===== ----
É necesario aprender que [[http://www.proxectomascaras.com/2012/09/la-cabeza-en-la-nube-y-los-pies-en-la-tierra/|as pezas do quebracabezas non van aparecendo na orde que desexariamos]], senón no que o coñecemento asimilado vai permitindo ou, mesmo, impoñendo.
Adoita suceder que aínda que [[adecuar_o_marco_dos_proxectos#o_simple_da_complexidade_na_innovacion|a liña recta aparenta ser a distancia máis curta entre dous puntos]], merece a pena explorar todos os contextos, aínda que se tarde un pouco máis en chegar ao destino inicialmente fixado. No proceso de avaliación social, hai paradas que merece a pena explorar. **A educación social necesita espazo para pensar pero, ás veces, hai que facilitar o camiño e iso o o que podería conseguir a adaptación da metodoloxía de Máscaras a outras linguaxes e canles**. {{http://www.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/03/TransmediendoMascaras-1280x768-e1363163516451-300x300.jpg?200 |}}A importancia da relación entre o cinema e a educación implica o camiño da integración pola naturalidade: Admitir a diferenza é sumar capacidades. A “normalidade” empaqueta a diversidade en “causas” que non poden máis que “berrar”. Mentres, todo o mundo loita contra vento e marea por ser mais iguais, por estar dentro do estándar.
A arte e a investigación únense en proxectos que dan voz a colectivos marxinais ou marxinados creando unha narrativa propia que lles dá visibilidade e permite estar presentes para a toma de decisións da acción política (Juan Freire).
O Proxecto Mascaras ten neste momento moitos camiños que se van facendo visibles e piden que se abran rutas de continuidade con novos retos e puntos de partida. Persoas compartindo as súas historias, as súas vivencias, as súas experiencias. Realidades paralelas, en diversidade e desde o cotián. En todos os sentidos estase traballando nunha **[[http://undiadecine.proxectomascaras.com|“escola de actores”]]**.
\\