**Integración pola naturalidade** / **Visión, misión e principios éticos** Partindo de que a Visión ten que definir o modelo de organización que se persigue e que a Misión é a razón de ser dunha organización, a Asociación Proxecto Máscaras toma como punto de partida os Valores desenvolvidos no [[http://www.proxectomascaras.com/cine-y-mas/|contexto do Proxecto Máscaras]], que deu lugar á [[http://www.proxectomascaras.com/la-pelicula/|película Máscaras]], e do que toma o nome a Asociación. **Valores** Rexeitáronse as definicións utópicas sen favor do realizado e o aprendido no proceso e se definiron os **Valores** desde a experiencia de Máscaras: ✔ A **dimensión social das persoas como metodoloxía** de aprendizaxe. ✔ A **diferenza como principal valor** para a riqueza da comunidade e da sociedade. ✔ A diversidade como proceso para **coñecer, aceptar e asumir as diferenzas**. ✔ A participación no **espazo público como dereito**, porque o que non se ve, non existe. ✔ As **excepcións e as boas prácticas como base** para o aprendizaxe. ✔ Os **exemplos reais como punto de partida** para a investigación social. ✔ A **potencia do audiovisual e o ocio como ferramenta** para emocionar, dar voz, documentar, relatar, educar e contar historias. **Visión** A audiovisualización do mundo é unha realidade imparable pero é necesaria educación porque estamos, cada vez máis, ante o reino das sensacións por encima da “historia”. Desde a Asociación Proxecto Máscaras cremos que é necesario contribuír á construción do relato do que é posible. A nosa Visión defínese pola firme crenza de que educar é **deixar espazo para coñecer... e para pensar**, e para iso hai que poñer en primeira liña a **potencia do audiovisual como ferramenta para contar esas realidades que xa existen pero que precisan ser narradas**. **Misión** A tecnoloxía é xa unha parte esencial das nosas vidas, sen embargo é preciso aprender a conciliar as súas inmensas posibilidades redefinindo **os espazos e os procesos para a participación**. En liña con logros acadados desde a experiencia da película Máscara **a Asociación ten por Misión**:
//O impulso e desenvolvemento de proxectos que, tomando como base a potencia do audiovisual, fomenten a educación e a participación como medida para a Innovación Social, a [[http://www.proxectomascaras.com/2012/10/al-pie-de-la-letra/|ruptura de estereotipos]] sobre a “normalidade” e as capacidades das persoas, e a integración da diversidade no [[http://www.proxectomascaras.com/2013/11/en-el-espacio-publico-hay-que-competir/|espazo público]].//
**Principios Éticos** A Asociación velará polo cumprimento dos seguintes principios nos proxectos internos ou externos nos que participe: ✔ **A ética profesional**.- A ética profesional para superar o contorno do legalmente establecido e xerar un marco de comportamento e condutas profesionais do máis alto nivel. ✔ **A promoción persoal**.- A promoción das persoas no sentido de ter sempre presente que as accións nos ámbitos profesionais e sociais teñen como fin último a satisfacción e o desenvolvemento da cidadanía implicada. ✔ **O compromiso co desenvolvemento social**.- O compromiso co desenvolvemento social xeral a través da xeración de valor engadido nas actividades e proxectos. ✔ **O respecto no ámbito da comunicación**.- O compromiso de vixilancia e impulso do cumprimento e implantación de boas practicas de comunicación transversal, tanto nos medios de comunicación como no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa.