**O Reto de Máscaras** / Sala de cine: A PELÍCULA ===== Silencio na sala... empeza A Película ===== ----
\\ \\ \\ ===== Espazo para... coñece e pensar ===== ---- {{https://c1.staticflickr.com/9/8150/7419034500_bed9741f1d_o.jpg?300 |}} **Máscaras é unha longametraxe de non ficción**. A película conta como dous grupos de persoas con “diferentes capacidades” conseguen facer equipo para crear, rodar e estrear a súa propia curtametraxe. **Máscaras é a historia dun Reto**. Cando desde o Departamento de Lecer de Aspronaga pensouse en facer unha curta no que participase algúns dos seus asociados, expúxose a posibilidade de ir máis aló, explorando a potencia do Cinema como arte e como medio de comunicación coa sociedade. É dicir...
non ocupar un tempo, senón facer cinema, ser actores da súa vida e da súa película decidindo en todas e cada unha das partes do proceso.
Máscaras é o resultado dese proceso de creación continuado, de non-intervención, con cámaras gravando en aberto e traballando desde a participación e responsabilidade. **Onde radica a gradeza dun proxecto?** {{ https://c2.staticflickr.com/6/5304/5669344294_8a3c79b166_o.jpg?250|}} Fanse grandes esforzos e investimentos para falar de: Normalidade? Integración? Sen embargo, a clave está na DIVERSIDADE! Pero canto máis falamos de solidariedade máis afogamos entre "marketing de causas" e o que adoita ocorrer é que **as “causas” berran e culpabilizan polo que... a sociedade escapa**- O que fai grande un proxecto é a súa capacidade para poder chegar a moita xente, iso é o que permite a maxia do cinema, e **que contribúa a xerar pequenos cambios que apunten a novos camiños**. Porque o auténtico resorte da ilusión radica na posibilidade e, para iso, débense de cumprir tres factores: 1. **Potencial**: Universalidade do problema 2. **Utilidade**: Potencial de comunicación á sociedade 3. **Intemporalidade**: Que non se trate dun “problema temporal”, é dicir, que non teña data de caducidade **Educar é deixar espazo á sociedade para coñece e pensar**. Necesitamos deixarnos Sorprender para avanzar, e iso é o que achega a película Máscaras que é, ante todo, arte audiovisual, é dicir, **CINEMA con todo o seu potencial de comunicación e entretemento**.
Porque para o coñecemiento non hai maxia que valga. O aprendizaxe é un proceso centrífugo (de dentro a fora) e non centrípeto (de fora a dentro). **O acto de aprender é persoal e intrasferible**.
\\