**Cine e educación** / Sen comillas... É CINE!"
Unha película… Diferente e real, pero sen moralinas. Un proceso de construción compartido desde unha mirada cinematográfica.
===== A súa curtametraxe: Calcetin(e)s ===== ---- ==== Amor e intriga mentras traballaban ====
Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle pero un día... notifícanlles que teñen que empezar a fabricar as rodas para as portas de corredera. O cambio trae a Brais tráxicos recordos así que pide o traslado a outra área. E mándano á cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse ata que un día, angustiado pola situación, ten un accidente e o último que ve antes de perder a consciencia foron uns preciosos calcetíns. Pero nada é o que parece...
{{ vimeo>53603959?700x394 }} \\
\\ ===== Bolos: diversión e cansancio ===== ---- {{https://c1.staticflickr.com/9/8501/8444764910_cb29f1e491_o.jpg?300 |}} Entre os diferentes bolos de presentación da súa curta, destacan dous moi especiais: * A viaxe a Cangas convidados polo actor Miguel Ángel Blanco, Mighello para os amigos * A festa que organizaon un 14 de febreiro no Teatro Colón de A Coruña para celebrar o día dos namorados. \\ ==== En Cangas ====
{{http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/02/20130202_191249-e1388161409992-1024x722.jpg?200 |}} Era xa de noite cando sacamos a foto, e é que foi un día moi completo. A viaxe era longo (dúas horas e media), os protas estaban moi animados e, claro, o resto sumámonos á alegría. A xente que asistiu ao pase foi encantadora, riron durante toda a proxección e, unha vez terminada, os cinco de Calcetin(e)s deron renda solta á súa verborrea. Preguntáronlles sobre o traballo realizado, o que aprenderon, que foi o máis difícil?, e eles, entre respostas, tamén ían contando máis cousas e chegaron a Máscaras. Queren facer máis películas. Así é que chegamos de madrugada! Vaia cuadrilla! Moitísimas grazas a Mighello Branco e ao seu Manancial, así como a toda a xente que nos acompañou.
| {{ https://c1.staticflickr.com/9/8517/8444765758_bb3be0cd45_b.jpg?300 |}} | {{ https://c1.staticflickr.com/9/8043/8443675981_540b3c5820_b.jpg?300 |}} |
\\ ==== A festa dos namorados ==== | {{http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/02/colon-624x970.jpg?200 |}} | {{ http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/04/Recuerdo-Colon-copy-624x468.jpg?400 |}} | Querían algo especial e o conseguiron. Pero esta vez, ademais, foron auténticos anfitrións da festa, sorteo de regalos incluído. E tamén tiveron sorpresa, un saudo moi especial que os sorprendeu na pantalla... {{ vimeo>59582623?500x281 }} \\ **Album de Flickr**
14 de febrero de 2013, Teatro Colón
\\
\\ ===== A trastenda da curta... e a película ===== ---- | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5133/5527083885_316b135881_o.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5133/5527048311_0e3cae30df_o.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5098/5527425000_8196f00169_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5171/5527425012_3b670d1b33_b.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5300/5527048315_9c475f247b_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5299/5527699342_ffafd50584_b.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5222/5668770775_e31a4b6279_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5187/5669342290_5ed09e0cba_b.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5023/5669342754_be0bd24d8b_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5068/5669343070_c7b08a54e0_b.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5021/5669343442_edc23fcacf_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5143/5668772075_31f9185052_b.jpg?400 |}} | | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5030/5669344230_07404a5951_b.jpg?400 |}} | {{ https://c2.staticflickr.com/6/5267/5668772573_9d0f17e070_b.jpg?400 |}} | \\ ==== Porque a película seguía... ==== [[http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-17098-minutos-realidad.html|11 de maio de 2011]]: se estreou ao grande Calcetin(e)s {{ vimeo>23675430?500x281 }} \\ Emocion-é, nunca mellor dito e, ademais, tivo todos os ingredientes dunha superproducción, incluído Murphy, que sobrevoaba ameazador ata o minuto cero (e un pouquiño máis) pero elixiu outro destino para aterrar. As pequenas grandes cousas fóranse resolvendo pero houbo dous que nos mantiveron en albas ata o último minuto. Por unha banda Manolo, o protagonista, que levaba dous días con febre sen poder ir traballar e ata as seis da tarde (estreábase á sete) non sabiamos se podería vir. E por outro certos problemillas técnicos que nos tivo esperando por Iago, o dire, mentres a entrada da Fundación Caixa Galicia íase enchendo de expectante impaciencia. Aínda que hai que recoñecer que contribuía ao contexto de carisma e profesionalidade. Como lle contaba a un amigo, foi emocionante... todo!: a presentación que fixeron os propios protagonistas, a curta, as reaccións, os aplausos, as risas, as sorpresas... polo medio e ao final. Tamén as fotos coa prensa (que esperaron por nós a pesar dos electorialistas abafos destes días), os paseillos en plan alfombre vermella... Terminou con ovación en pé. Foi magnífico! ---- Era a súa vida real porque estreaban o súa curta de ficción, pero estaban a protagonizar a súa película.
**200 presentes nin se enteraron de que se estaba grabando unha peli**
**En que álbum hai que colocar a fotografía?** {{ http://calcetines.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2014/01/BcrZX7VIUAEOb4A.jpg-large.jpg?600 |}}
\\ ===== "Estar no expazo público tamén é poder competir ===== ---- **Limitacións, barreiras... e oportunidades** {{http://www.proxectomascaras.com/wp-content/uploads/2013/11/PremiosMestreMateo-2013-e1383499945763-300x268.jpg?200 |}} Rodeados de [[:anotacions_e_reflexions#servizos_de_inercia|servizos de inercia]], esquécesenos que ese xiro que tanto invocamos non consiste na emerxencia de novos roles sociais e prácticas en "recursos humanos". Non en facer cousas ?para as persoas? SENÓN coas persoas. Pero, facémolo? Aínda que a palabra competir cargouse de connotacións negativas, no mundo real compítese, incluso (ou sobre todo) connosco mesmos. Porque, non é iso o que significa "ter un soño"? Queixámonos deste mundo tan competitivo pero encántanos falar de "competencias", que non é outra cousa que a capacidade para realizar un traballo ou desempeñar unha función de modo adecuado. É dicir, o que necesitamos para que outra persoa non se nos adiante naquilo que perseguimos. Non é iso competir? Ás veces o discurso dos valores peca de [[http://www.ideaspoderosas.com/blog/el_paraiso_perdido_id00084.html|egocentrismo e hiperreflexividad]]. As boas intencións son [[http://www.enpalabras.com/blog/2013/04/se-combinan-43-musculos-para-producir-10-000-posibles-expresiones/|fáciles de confundir]] con burbullas de proteccionismo, a peor das barreiras porque condenan a unha vida preescrita de antemán. A linguaxe dos valores e os dereitos [[http://blog.cumclavis.net/2013/10/daltonismos.html|necesita unha sacudida]]. Cando nos involucramos para eliminar a contaminación dos ríos, por exemplo, estamos a competir coas intencións de quen os contamina. Quizá non consigamos o noso obxectivo, pero iso é Vivir. A vida plena o é porque leva risco, incerteza, aventura, paixón, ilusión, curiosidade Que peor nos pode pasar que non ter soños e logo tentar cumprilos? Aínda que non os logremos. Os protagonistas de [[a_curtametraxe:calcetin_e_s|Calcetin(e)s]] decidiron saír ao mundo e competir, por iso [[http://blog.enimaxes.com/2013/02/candidatos-a-los-mestre-mateo/|foron candidatos aos Premios Mestre Mateo]]. Diciamos entón
**estar no espazo público, quitar as comiñas, é atreverse co mundo que se desenvolve máis aló dos "circuítos especiais": é cinema e como tal entra a competir na categoría de curtos nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual**
Non gañaron, non gañamos, pero aí queda [[http://www.enpalabras.com/blog/2013/11/trastiendas-sectoriales/|constancia no Anuario]]. Quizá as oportunidades de premio fosen maiores nesoutros circuítos pero é que as burbullas son tan incómodas? E o mundo [[http://blog.enimaxes.com/2013/05/espacios-en-los-que-poder-llorar/|ten tanto por explorar...]] Estar aí, conquistar esa dobre páxina, xa é unha vitoria.
Calcetin(e)s: Compitiendo en los premios Mestre Mateo 2012 from Proyecto Máscaras
\\
\\