Cine e educación / O poder da narración e as historias“

A maravilla compartida do cinema

Explica Beeban Kidron no seu TED como naceu a idea de crear a organización Fimclub en 2006. O obxectivo era achegar aos estudantes do Reino Unido ao poder da narración, e das historias, a través do cinema.

Nos primeiros 9 meses puxeron en funcionamento 25 clubs de cinema con grupos de mozos entre 5 e 18 anos que vían unha película sen interrupcións durante 90 minutos. Organizaban as películas e dábanlles contexto pero deixábanlles elixir. O éxito foi inmediato e ao finalizar o proxecto piloto había miles de escolas pedindo participar.

Farían falta máis de vinte minutos para explicar unha experiencia desta magnitude pero hai feitos relevantes que chaman a atención:

Abaixo o vídeo pero, como parece que se atasca, deixamos tamén o documento de anotacións.

Se queremos valores diferentes, temos que contar outra historia, unha historia que entenda que a narrativa dun individuo é un compoñente esencial da identidade dunha persoa, que unha narrativa colectiva, é un compoñente esencial dunha identidade cultural, e que sen esta, é imposible imaxinarse uno mesmo como parte dun grupo.