Tabla de Contenidos
O Reto de Máscaras / A curtametraxe: Calcetin(e)s
Amor e intriga mentras traballaban
Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle pero un día… notifícanlles que teñen que empezar a fabricar as rodas para as portas de corredera.
O cambio trae a Brais tráxicos recordos así que pide o traslado a outra área. E mándano á cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse ata que un día, angustiado pola situación, ten un accidente e o último que ve antes de perder a consciencia foron uns preciosos calcetíns. Pero nada é o que parece…
Bolos: diversión e cansancio
Entre os diferentes bolos de presentación da súa curta, destacan dous moi especiais:
- A viaxe a Cangas convidados polo actor Miguel Ángel Blanco, Mighello para os amigos
- A festa que organizaon un 14 de febreiro no Teatro Colón de A Coruña para celebrar o día dos namorados.
En Cangas
Era xa de noite cando sacamos a foto, e é que foi un día moi completo.
A viaxe era longo (dúas horas e media), os protas estaban moi animados e, claro, o resto sumámonos á alegría. A xente que asistiu ao pase foi encantadora, riron durante toda a proxección e, unha vez terminada, os cinco de Calcetin(e)s deron renda solta á súa verborrea.
Preguntáronlles sobre o traballo realizado, o que aprenderon, que foi o máis difícil?, e eles, entre respostas, tamén ían contando máis cousas e chegaron a Máscaras. Queren facer máis películas.
Así é que chegamos de madrugada! Vaia cuadrilla!
Moitísimas grazas a Mighello Branco e ao seu Manancial, así como a toda a xente que nos acompañou.