Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Action unknown: siteexport_addpage
a_normalidade

O Reto de Máscaras / A “normalidade”

Realidades posibles


Calcetin(e)s en TVE Galicia Máscaras no ZigZag



Non des-preciar a importancia dos pequenos pasos


Sen negar que o reto da normalización precixa obxectivos, planificación e recursos, hai pequenos avances que só aparecen cando deixamos actuar a esea porcentaxe de visión borrosa que nos incita a indagar nos detalles.

Na primeira conversa que tivemos con Carlos Ares para invitarlo a participar en Un día de Cine el, como presidente da AGA, andaba ocupado coa organización dos XV Mestre Mateo así que, conectando posibilidades, xurdiu a idea: E se se podía integrar o equipo de protocolo de Aspronaga na organización da gala?

Só necesitou que o conectáramos con Iago Graña e, coa bona disposición de Trevisani, alí estiveron.

O interesante é que este ano, a pesar do duro da experiencia (moitas horas sen descanso, a dificultade de mover a tanto público…) repitiron. E esta vez quxeron compartilo, porque iso é poder decidir e estar no espazo público.


O habitual


Desde abaixo parece que voan… pero só viran contorna ao mesmo punto.

Anhelamos sensacións máis que realidades?


Imaxina...

  • Imaxina que vives nun ambiente no que ninguén che fala directamente, pero falan de ti na túa presenza.
  • Imaxínache escoitando constantemente ás persoas falar sobre o que non podes facer.
  • Imaxínache a ti mesmo como unha persoa que existe, pero que ante os demais pareces existir tan só como un tema de conversación.
  • Imaxina que as persoas che collen do brazo, sácanche á rúa, métenche nun coche e nunca che din onde vas ir ou que vas facer cando esteas alí.
  • Imaxina que as persoas sempre interrompen os teus intentos de facer algo e fano por ti.
  • Imaxina situacións nas que ti tentas dicir que estás enfermo e ninguén che entende.
  • Imaxínache na túa casa, abres o frigorífico e miras dentro e alguén corre cara a ti, asegurándose de que non colles comida.
  • Imaxina que vives nun sitio no que as persoas constantemente quéixanse de ti ou fan chistes na túa presenza.
  • Imaxínache escoitando aos profesionais describindo as túas limitacións diante de ti, coma se ti non puideses entender.
  • Imaxínache que es un adulto aprendendo a facer un traballo produtivo e os teus instrutores trátanche como a un neno.
  • Imaxina que non es capaz de dicir que preferirías ver un programa de televisión diferente ao que os demais están a ver.
  • Imaxina que as persoas só teñen expectativas sobre as túas condutas inapropiadas.
  • Imaxina que nunca puideches tomar nin a máis mínima decisión persoal, aínda que sexas un adulto.
  • Imaxina situacións nas que ninguén che pregunta que preferirías facer ou mesmo comer…


a_normalidade.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:28 por iagoglez