Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


axencia_galega_das_industrias_culturais_agadic

Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC también recollía na súa Web aa noticia da participación de Máscaras na Bienal da Fundación ONCE.


AGADIC: Participación de Máscaras en la Bienal de la ONCE

A película ‘Máscaras’, realizada co apoio da Agadic, proxéctase en Madrid dentro da Bienal de Arte Contemporánea da Fundación ONCE.

Iago González dirixe esta longametraxe documental, que narra o proceso de realización da curta ‘Calcetin(e)s’ por un grupo de persoas con diferentes graos de discapacidade.

Proxecto revelador

Presentado en Madrid como un dos “experimentos máis singulares e reveladores do cine español nos últimos anos”, o proxecto ‘Máscaras’ desenvolveuse ao longo de catro anos sumando preto de 300 horas de gravación, durante as que o equipo seguiu os cinco protagonistas desta historia: Manuel Penido, Eva Fernández, Miguel Fernández, Amparo Díaz e Mireya Delgado.

Como compañeiros no obradoiro audiovisual que organiza unha asociación dentro das súas actividades de ocio, os cinco intérpretes involúcranse na gravación dunha curtametraxe de intriga, amor e humor. ‘Máscaras’ é a historia deste reto, de como un grupo de persoas, coas súas distintas capacidades, aprenden a colaborar e asumen a responsabilidade de sacar adiante o seu propio proxecto audiovisual.




axencia_galega_das_industrias_culturais_agadic.txt · Última modificación: 2017/05/15 21:09 por isabel