Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


claves_pedagoxicas_e_metodoloxia

Potencial didáctico / Claves pedagóxicas e metodoloxía

Porque, a pesar das “boas intencións”, as persoas nos relacionamos co mundo en base ás expectativas construídas sobre o que temos interiorizado.

Por iso, cando se producen cambios inesperados ou situacións que non sabemos como afrontar, nos refuxiamos nos pre-xuicios o rexeitamos ou atacamos o que supón unha intromisión na “nosa normalidade”.

Atendemos ao que nos interesa


A potencia pedagóxica do cine é innegable

A educación recibe do cine todos os estímulos sensibles mentais e corporais posibles e conecta coas emocións e os descubrimentos. O desafío de explorar as posibilidades da narración cinematográfica e levar adiante un proxecto durante meses foi, para todas as persoas que participaron no Proxecto Máscaras, un enorme aporte ao “auto aprendizaxe”.

A activación de mecanismos de co-creación do relato cinematográfico, que fomenta que sexan as propias persoas das comunidades afectadas as que impulsen actuacións de “inclusión de dentro afora”, permite que este enfoque didáctico se poda utilizar a modo de “píldoras” de adestramento en ámbitos de traballo: grupos de mellora, comunidades de práctica e talleres.



Interacción social

Non só a intelixencia constrúese en interacción co outro: tamén os retos, os proxectos, os anhelos da nosa vida técense na relación con persoas que se fan relevantes para a existencia. (Javier Tamarit)

Psicoloxía do desenvolvemento por interacción social: Lev Vygotski

Para que se poda dar a “auto educación orientada” e preciso traballar no desenvolvemento de contextos de aprendizaxe e isto implica desbloquear os mecanismos e barreiras que frean ese desenvolvemento. É dicir, construír “eslabones para las diferenzas”.

Este proxecto esixía a ambos equipos superar os límites do que “sabían facer” para poder chegar a unha “nova realidade”. E dicir, para evolucionar, houbo que chegar primeiro á zona de desenvolvemento próximo.

Valores desde a (nosa) experiencia: A rodaxe da película

Da condescendencia de “eles e nos”… … ao “Nos”


Autoaprendizaxe

Auto educación orientada: Mario Kaplún

La verdadera comunicación no está dada por un emisor que habla y un receptor que escucha, sino por dos o más seres o comunidades humanas que intercambian y comparten experiencias, conocimientos, sentimientos (aunque sea a distancia a través de medios [o canales] artificiales. Es a través de ese proceso de intercambio como los seres humanos establecen relaciones entre sí y pasan de la existencia individual aislada a la existencia social comunitaria […]

Los medios masivos tal como operan actualmente en su casi totalidad no son medios de comunicación sino medios de información o de difusión. Podrían llegar a ser realmente de comunicación pero para ello tendrían que transformarse profundamente: el proceso de la comunicación debe realizarse de modo que dé a todos la oportunidad de ser alternativamente emisores y receptores.

Definir qué entendemos por comunicación equivale a decir en qué clase de sociedad queremos vivir» Kaplún desenvolveu o concepto de “Auto educación orientada” que implica a activación de potencialidades de auto-aprendizaxe e co-aprendizaxe é a estimulación da xestión autónoma do “aprender a aprender” no camiño cara ao coñecemento.


Xerar contexto

A pedagoxía das condicións: Philippe Meirieu

Hai que traballar para xerar as condicións para que as cousas podan ocorrer. Pero sen esquecer, como dicía Pieget, que o contexto está fora.

A realidade é un contexto socioeconómico diverso e cheo de contrastes polo que para cambiar as condicións hai que traballar con metodoloxías corais, que permiten a expresión simultánea do diverso. É dicir, non importa a diversidade de complexidades xa que o obxectivo é o conxunto que conforma un “todo harmónico”.

As persoas vivimos inmersas na nosa particular realidade polo que a arte como metodoloxía de traballo coral aporta dous mecanismos para a eliminación de barreiras:

  • Atención: “aquí e agora” ⇒ se pasa o momento xa non o podes facer, hai que estar aí e en equipo
  • Creatividade: poder ser e facer algo diferente ao que somos habitualmente

A experiencia da película converteuse nun proceso de transformación que nos obrigou a volver ao principio para entender que estábamos prototipando a posibilidade dun xeito de construír referentes comúns nos que apoiarse para entenderse.

O poder creativo e transformador xerado por persoas diversas que traballan xuntas ao redor dunha tarefa común, é fantástico e transformador para o individuo e o colectivo. Ao mesmo tempo pode ser aterrador cando as diferenzas son tan grandes que non existen referentes comúns nos que apoiarse para entenderse uns a outros.

É nestes casos nos que o profesional sentese a miúdo tan descolocado e ameazado, que deixa de traballar para defenderse, atacar, crear alianzas, excluír, etc. (Eugenio Moliní: El poder de las diferencias e las diferencias de poder)


claves_pedagoxicas_e_metodoloxia.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:27 por iagoglez