Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


guia_didactica_para_novos_prototipados

O Reto de Máscaras / Guía didáctica para novos prototipados

Todo o real é pensable (hipótese da ciencia), pero todo o pensable non ten por que ser real (hipótese da literatura), daquela a imaxinación é máis grande que a realidade enteira (tese científico-literaria). Jorge Wagensberg

Singularidade do enfoque cinematográfico


O enfoque cinematográfico foi o RETO que permitiu que os protagonistas mostraran e emocionaran ao público coa súa historia de como e por que foi posible levar adiante unha experiencia como a do Proxecto Máscaras.

En MASCARAS se consigue transmitir, o se demuestra que puede ser transmisible al espectador una carga suficiente de afectos y emociones.

Y tiene suma importancia, teniendo en cuenta que se parte de una situación difícilmente narrable para el formato cine.

Pero en este caso se consigue. Básicamente, a mi entender, con el lenguaje de la cámara.

Detalle y definición que se nos escaparían a nuestra corta mirada.

Simplemente porque nuestro ojo no tiene el poder de un zoom para mirar tan de cerca.

O por cualquier otra causa…

Antonio Armada, médico e inspector de Sanidade

Proxecto revelador

Presentado en Madrid como un dos “experimentos máis singulares e reveladores do cine español nos últimos anos”, o proxecto ‘Máscaras’ desenvolveuse ao longo de catro anos sumando preto de 300 horas de gravación, durante as que o equipo seguiu os cinco protagonistas desta historia: Manuel Penido, Eva Fernández, Miguel Fernández, Amparo Díaz e Mireya Delgado.

Como compañeiros no obradoiro audiovisual que organiza unha asociación dentro das súas actividades de ocio, os cinco intérpretes involúcranse na gravación dunha curtametraxe de intriga, amor e humor. ‘Máscaras’ é a historia deste reto, de como un grupo de persoas, coas súas distintas capacidades, aprenden a colaborar e asumen a responsabilidade de sacar adiante o seu propio proxecto audiovisual.




Guión cinematográfico de Máscaras


Sinopse breve

Como cada ano, Eva, Manolo, Amparo, Miguel e Mireya tiñan que elixir unha actividade de lecer e o de facer un curto pois se saía do habitual. Pero non sabían o que lles esperaba: nervios, esforzo, risas, camaradería? Porque mentres aprendían, ensaiaban e rodaban o seu curto, estaban a ser actores da súa vida e da súa película: Máscaras

Sinopse larga

A historia de Máscaras comeza fóra de cámara.

Un día, desde o departamento de lecer dunha asociación de persoas con discapacidade intelectual, contactaron connosco para estudar a posibilidade de realizar unha curtametraxe. Ante esta proposta vimos outra historia que contar: a dun proceso de construción.

Máscaras nace así como unha historia aberta, necesariamente sen un final. Si, o obxectivo era realizar esa curtametraxe, pero baseándonos en experiencias pasadas decidímonos a pautar este proceso de tal maneira que o seu desenvolvemento non dependese unicamente de nós. É máis, ese desenvolvemento tiña que depender duns protagonistas que nese momento nin sequera existían. A filosofía do proxecto comezaba a desenvolverse desde este momento.

Para empezar, non existía casting de ningún tipo: a posibilidade de participar era completamente aberta. Ademais, esperamos ao momento máis adecuado para que o proceso se integrase no seu calendario habitual, para que non supuxese ningún feito extraordinario. Desde o principio era necesario que algo tan pouco habitual como enfrontarse ás cámaras fóra, na medida do posible, parte da rutina.

Así arrinca a película, cun grupo de sete persoas que se apuntan a unha actividade que ten como obxectivo realizar unha curtametraxe. A partir deste punto chegaba o traballo de desenvolvemento para que este proceso fose aberto, pero non libre.

O primeiro era crear un grupo máis ou menos cohesionado, e, sobre todo, consciente de que só deles dependería o resultado final. Mentres que noutras curtas destas características apareceran como secundarios, nesta ocasión non podían ser protagonistas actores “normais”: eles, e só eles, debían ser quen centralizase a narración dunha historia que tamén tiña que ser súa.

Para conseguir este sentimento de grupo recorremos á inexperiencia: Púxoseá fronte a unha persoa sen ningún tipo de relación coa discapacidade, e do seu propio esforzo para integrarse xurdiu a vontade nos protagonistas para afrontar o reto. Aínda que nun principio esperaban as ordes para saber que tiñan que facer, pronto asumiron que todo este proceso dependería deles.

É a partir deste momento cando a engrenaxe do grupo comeza a funcionar como un reloxo. Dun proceso conversacional xorde esta identidade de grupo, e tamén as ideas que posteriormente se integrarán nunha historia que será o guión da súa curtametraxe, entón aínda sen título. Pero non é só un labor de construción: entre eles, e agora xa tamén sumándose parte do equipo técnico, desenvólvese un coñecemento mutuo que servirá para irse apoiando os uns aos outros alí onde ven que poden fallar.

Máscaras chega aquí ao seu momento decisivo, o de lanzarse ao esforzo final de ensaiar e rodar a curtametraxe.

Neste momento a película non se acelera: eles desenvolveron unha dinámica de traballo e saben anticiparse e apoiarse na medida do posible. Aínda que á hora de repasar o texto xorden os últimos medos, saben que non hai xa marcha atrás, e que é o seu momento decisivo.

A gravación da curta durará tres longas sesións de intensos esforzos. Sufrirán a tortura das esperas, o sopor das repeticións, e os nervios de tropezar en determinados momentos do guión, pero non se renden e conseguen sacar adiante a súa historia, aquilo para o que levaban meses preparando.

O final da película só podía ser un: que máis aló da abstracción que supón unha rodaxe respecto dunha historia, se puidesen ver en pantalla grande superando o seu reto


A ter en conta


Publico obxectivo Suxectións
Todos/as Creer nas persoas
Relacionarse coa persoa, non coa discapacidade
Enfocar a mirada ás persoas e ás súas capacidades
Respetar os espazos e os tempos de cada persoa
Non sustituir na prestación de apoios
Acompañar na toma de decisións, sin guiar nin interferir
Aceptar os erros e acompañar na frustración sen reproches nin condescendência
Famílias Apoiar na xestión do compromiso co proxecto
Xestionar apoios para que podan cumplir coas responsabilidades en canto a horarios e requerimentos da organización
Voluntariado Manter unha relación de iguais
Xestionar apoios
Facer mediación
Profesionais Establecer contexto e obxectivos iniciais, deixando espazo á creatividade e sendo flexibles ás modificacións que decida o grupo
Xestionar apoios e prestar aqueles apoios que son estrictamente responsabilidade dun profesional
Facer mediación
Menbros do equipo Asumir a responsabilidade do proceso
Comunicar a percepción do que sucede
Participar na toma de decisións
Propoñer o rol a desempeñar e responsabilizarse no seu desenvolvemento


Abrindo portas... tamén no audiovisual

Pero o importante non é só que outras persoas e colectivos poidan seguir avanzando nos valores aprendidos desde esta experiencia, senón tamén eliminar as barreiras e medos que afectan en todos os ámbitos, tamén no cinematográfico.

2012: Máscaras inicia o seu percorrido público con pases e coloquios 2017: Integración na equipa de protocolo dos Mestre Mateo


guia_didactica_para_novos_prototipados.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:28 por iagoglez