Tabla de Contenidos
Integración pola naturalidade / Hipótese, investigación e… novos proxectos
O novo non é un criterio para avaliar o bo; senón que o bo é un criterio para avaliar o novo.
A avaliación é un instrumento que debe estar sometido a avaliación. É o elemento fundamental das prácticas reflexivas.
Hipótese e investigación
Novos proxectos: Integrando cos máis novos
Arte e Pedagoxía en Código Aberto: "Un día de Cine"
O obxectivo xeral do proxecto refírese a aplicación e desenvolvemento da metodoloxía de co-creación a autoaprendizaxe desenvolvida previamente coa película Máscaras introducindo un elemento innovador xa que son os protagonistas da experiencia previa nacida no ámbito da discapacidade intelectual os que invitan a un colexio “normalizado” a ser protagonistas.
É dicir:
✔ Xerar un espazo compartido para a integración: Elaboración de material e desenvolvemento de programación e actividades culturais en formatos accesibles.
✔ Inclusión de dentro afora: un equipo, do que forman parte cinco persoas con discapacidade intelectual, trasladará a súa experiencia e metodoloxía nun contexto compartido dentro do ámbito “educativo normalizado”.
✔ Fomentar que as persoas con discapacidade podan liderar, ademáis de desenvolver, o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.