Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


menos_ensinar_e_mais_ensaiar

Potencial didáctico / Menos “ensinar” e mais “ensaiar”

Diego non coñecía a mar. O pai, Santiago Kovadloff, levouno a descubrila. Viaxaron ao sur.

Ela, a mar, estaba máis aló dos altos médanos, esperando.

Cando o neno e o seu pai alcanzaron por fin aqueles cumes de area, despois de moito camiñar, a mar estalou ante os seus ollos. E foi tanta a inmensidade da mar, e tanto o seu fulgor, que o neno quedou mudo de fermosura.

E cando por fin conseguiu falar, tremendo, tartamudeando, pediu ao seu pai: Axúdame a mirar!



A cabeza na nube e os pés na terra


Non nos propuxemos solucionar un problema concreto nin teorizar, o que fixemos foi poñer encima da mesa a potencial da arte, o poder de transformación do audiovisual para construír novas narrativas que contribúan a xerar contextos nos que definir motivos onde agora necesítanse altofalantes.

Agora “só” queda chegar ao espazo público porque a rúa é a materia pendente para que a diversidade non se free na normalidade encorsetada.



Desenvolvemento de metodoloxías para "novos modelos"


A película “Máscaras” constituíuse como a experiencia dunha nova metodoloxía máis aló da observación dun proceso, empezando pola necesidade de crear equipo, seguindo polo traballo en grupo para definir que se vai facer e finalizando pola gravación da propia curta. Unha curta que non se sabía se se podería chegar a realizar, todo foi unha incógnita. A situación estaba aí, pero tamén o descoñecemento de como e a onde se podía dirixir.

En termos xerais, o ámbito da discapacidade estivo, e segue estando, separado das actividades cotiás dunha sociedade que durante anos foi evolucionando sen incluílos no seu propio desenvolvemento. Un grupo con insuficiencias, pero tamén con evidentes calidades e capacidades, sendo nosos propios prexuízos os que nos impiden ver de preto unha realidade moito máis rica e complexa da que imaxinamos.

As teorías non serven, é necesario partir de accións concretas que permitan ir aproximando estes universos excluíntes que hoxe en día constitúen unha realidade paralela de presenza incontestable

.

Máscaras narra a historia dun reto pero é tamén o punto de partida para un universo que pide novos desenvolvementos e, sobre todo, novas canles de narración para que o aprendido da experiencia se universalice. É unha película para todos os públicos, pero é necesario realizar o esforzo de adaptación en formatos para que o proceso de integración pola naturalidade chegue á máxima audiencia posible.

Aínda que o desenvolvemento teórico é necesario, a historia demóstranos que os grandes avances, en case todos os ámbitos de coñecemento, adóitanse dar a partir da experiencia, de “unha experiencia aparentemente casual”, ou conseguida a través do proceso de ensaio e erro, que é necesario entender e contextualizar.

As cousas suceden por algo pero decatámonos cando sucederon así que é necesario localizar o punto de partida e desenredar o proceso para entendelo.

Pero este proceso de desmenuzar e unir os puntos cara atrás, debe converterse despois nun proceso simple que permita asumir e replicar a complexidade da aprendizaxe inicial.


E agora que?: Inclusión de dentro fóra


É necesario aprender que as pezas do quebracabezas non van aparecendo na orde que desexariamos, senón no que o coñecemento asimilado vai permitindo ou, mesmo, impoñendo.

Adoita suceder que aínda que a liña recta aparenta ser a distancia máis curta entre dous puntos, merece a pena explorar todos os contextos, aínda que se tarde un pouco máis en chegar ao destino inicialmente fixado. No proceso de avaliación social, hai paradas que merece a pena explorar. A educación social necesita espazo para pensar pero, ás veces, hai que facilitar o camiño e iso o o que podería conseguir a adaptación da metodoloxía de Máscaras a outras linguaxes e canles.

A importancia da relación entre o cinema e a educación implica o camiño da integración pola naturalidade: Admitir a diferenza é sumar capacidades. A “normalidade” empaqueta a diversidade en “causas” que non poden máis que “berrar”. Mentres, todo o mundo loita contra vento e marea por ser mais iguais, por estar dentro do estándar.

A arte e a investigación únense en proxectos que dan voz a colectivos marxinais ou marxinados creando unha narrativa propia que lles dá visibilidade e permite estar presentes para a toma de decisións da acción política (Juan Freire).

O Proxecto Mascaras ten neste momento moitos camiños que se van facendo visibles e piden que se abran rutas de continuidade con novos retos e puntos de partida. Persoas compartindo as súas historias, as súas vivencias, as súas experiencias. Realidades paralelas, en diversidade e desde o cotián. En todos os sentidos estase traballando nunha “escola de actores”.


menos_ensinar_e_mais_ensaiar.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:28 por iagoglez