Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


mision_vision_e_principios_eticos

Integración pola naturalidade / Visión, misión e principios éticos

Partindo de que a Visión ten que definir o modelo de organización que se persigue e que a Misión é a razón de ser dunha organización, a Asociación Proxecto Máscaras toma como punto de partida os Valores desenvolvidos no contexto do Proxecto Máscaras, que deu lugar á película Máscaras, e do que toma o nome a Asociación.

Valores

Rexeitáronse as definicións utópicas sen favor do realizado e o aprendido no proceso e se definiron os Valores desde a experiencia de Máscaras:

✔ A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe.

✔ A diferenza como principal valor para a riqueza da comunidade e da sociedade.

✔ A diversidade como proceso para coñecer, aceptar e asumir as diferenzas.

✔ A participación no espazo público como dereito, porque o que non se ve, non existe.

✔ As excepcións e as boas prácticas como base para o aprendizaxe.

✔ Os exemplos reais como punto de partida para a investigación social.

✔ A potencia do audiovisual e o ocio como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, relatar, educar e contar historias.

Visión

A audiovisualización do mundo é unha realidade imparable pero é necesaria educación porque estamos, cada vez máis, ante o reino das sensacións por encima da “historia”. Desde a Asociación Proxecto Máscaras cremos que é necesario contribuír á construción do relato do que é posible.

A nosa Visión defínese pola firme crenza de que educar é deixar espazo para coñecer… e para pensar, e para iso hai que poñer en primeira liña a potencia do audiovisual como ferramenta para contar esas realidades que xa existen pero que precisan ser narradas.

Misión

A tecnoloxía é xa unha parte esencial das nosas vidas, sen embargo é preciso aprender a conciliar as súas inmensas posibilidades redefinindo os espazos e os procesos para a participación. En liña con logros acadados desde a experiencia da película Máscara a Asociación ten por Misión:

O impulso e desenvolvemento de proxectos que, tomando como base a potencia do audiovisual, fomenten a educación e a participación como medida para a Innovación Social, a ruptura de estereotipos sobre a “normalidade” e as capacidades das persoas, e a integración da diversidade no espazo público.

Principios Éticos

A Asociación velará polo cumprimento dos seguintes principios nos proxectos internos ou externos nos que participe:

A ética profesional.- A ética profesional para superar o contorno do legalmente establecido e xerar un marco de comportamento e condutas profesionais do máis alto nivel.

A promoción persoal.- A promoción das persoas no sentido de ter sempre presente que as accións nos ámbitos profesionais e sociais teñen como fin último a satisfacción e o desenvolvemento da cidadanía implicada.

O compromiso co desenvolvemento social.- O compromiso co desenvolvemento social xeral a través da xeración de valor engadido nas actividades e proxectos.

O respecto no ámbito da comunicación.- O compromiso de vixilancia e impulso do cumprimento e implantación de boas practicas de comunicación transversal, tanto nos medios de comunicación como no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa.

mision_vision_e_principios_eticos.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:30 por iagoglez