Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


o_poder_da_narracion_e_as_historias

Cine e educación / O poder da narración e as historias“

A maravilla compartida do cinema

Explica Beeban Kidron no seu TED como naceu a idea de crear a organización Fimclub en 2006. O obxectivo era achegar aos estudantes do Reino Unido ao poder da narración, e das historias, a través do cinema.

Nos primeiros 9 meses puxeron en funcionamento 25 clubs de cinema con grupos de mozos entre 5 e 18 anos que vían unha película sen interrupcións durante 90 minutos. Organizaban as películas e dábanlles contexto pero deixábanlles elixir. O éxito foi inmediato e ao finalizar o proxecto piloto había miles de escolas pedindo participar.

Farían falta máis de vinte minutos para explicar unha experiencia desta magnitude pero hai feitos relevantes que chaman a atención:

  • …a nosa audiencia evolucionou rapidamente para elixir entre o réxime máis rico e variado que puidésemos ofrecer. Mozos reflexivos, críticos e curiosos non lles preocupou abordar películas de calquera clase e tampouco lles preocupou escribir recensións detalladas: Seis mil apuntas por semana escolar competían pola honra de ser a recensión da semana.
  • A experiencia de discusión crítica e curiosa traducida á vida. Algúns dos nosos mozos empezaron a conversar cos seus pais, outros con mestres e con amigos. E aqueles sen amigos empezaron facer amizades
  • Unha onda de preguntas saíron das bocas dos mozos que o mundo pensaba que non estaban interesados. E eles mesmos tampouco sabían que lles importaba. Mentres escribían e discutían, en lugar de ver as películas como mera ficción, comezaron a verse a eles mesmos.

Abaixo o vídeo pero, como parece que se atasca, deixamos tamén o documento de anotacións.

Se queremos valores diferentes, temos que contar outra historia, unha historia que entenda que a narrativa dun individuo é un compoñente esencial da identidade dunha persoa, que unha narrativa colectiva, é un compoñente esencial dunha identidade cultural, e que sen esta, é imposible imaxinarse uno mesmo como parte dun grupo.


<center> <iframe src="https://embed-ssl.ted.com/talks/beeban_kidron_the_shared_wonder_of_film.html" width="560" height="315" frameborder="0" scrolling="no" webkitAllowFullScreen mozallowfullscreen allowFullScreen></iframe></center>


<center> <iframe src="http://docs.google.com/gview?url=http://didactica.proxectomascaras.com/esp/PDFS/La maravilla compartida del cine-Galego.pdf&embedded=true" style="width:700px; height:700px;" frameborder="0"></iframe> </center>


o_poder_da_narracion_e_as_historias.txt · Última modificación: 2017/05/25 11:26 por isabel