Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


sala_de_cine:a_pelicula

O Reto de Máscaras / Sala de cine: A PELÍCULA

Silencio na sala... empeza A Película




Espazo para... coñece e pensar


Máscaras é unha longametraxe de non ficción. A película conta como dous grupos de persoas con “diferentes capacidades” conseguen facer equipo para crear, rodar e estrear a súa propia curtametraxe. Máscaras é a historia dun Reto.

Cando desde o Departamento de Lecer de Aspronaga pensouse en facer unha curta no que participase algúns dos seus asociados, expúxose a posibilidade de ir máis aló, explorando a potencia do Cinema como arte e como medio de comunicación coa sociedade. É dicir…

non ocupar un tempo, senón facer cinema, ser actores da súa vida e da súa película decidindo en todas e cada unha das partes do proceso.

Máscaras é o resultado dese proceso de creación continuado, de non-intervención, con cámaras gravando en aberto e traballando desde a participación e responsabilidade.

Onde radica a gradeza dun proxecto?

Fanse grandes esforzos e investimentos para falar de: Normalidade? Integración? Sen embargo, a clave está na DIVERSIDADE! Pero canto máis falamos de solidariedade máis afogamos entre “marketing de causas” e o que adoita ocorrer é que as “causas” berran e culpabilizan polo que… a sociedade escapa-

O que fai grande un proxecto é a súa capacidade para poder chegar a moita xente, iso é o que permite a maxia do cinema, e que contribúa a xerar pequenos cambios que apunten a novos camiños. Porque o auténtico resorte da ilusión radica na posibilidade e, para iso, débense de cumprir tres factores:

1. Potencial: Universalidade do problema

2. Utilidade: Potencial de comunicación á sociedade

3. Intemporalidade: Que non se trate dun “problema temporal”, é dicir, que non teña data de caducidade

Educar é deixar espazo á sociedade para coñece e pensar. Necesitamos deixarnos Sorprender para avanzar, e iso é o que achega a película Máscaras que é, ante todo, arte audiovisual, é dicir, CINEMA con todo o seu potencial de comunicación e entretemento.

Porque para o coñecemiento non hai maxia que valga. O aprendizaxe é un proceso centrífugo (de dentro a fora) e non centrípeto (de fora a dentro). O acto de aprender é persoal e intrasferible.


sala_de_cine/a_pelicula.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:29 por iagoglez