Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


sen_comillas:e_cine

Cine e educación / Sen comillas… É CINE!“

Unha película…

Diferente e real, pero sen moralinas. Un proceso de construción compartido desde unha mirada cinematográfica.

A súa curtametraxe: Calcetin(e)s


Amor e intriga mentras traballaban

Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle pero un día… notifícanlles que teñen que empezar a fabricar as rodas para as portas de corredera.

O cambio trae a Brais tráxicos recordos así que pide o traslado a outra área. E mándano á cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse ata que un día, angustiado pola situación, ten un accidente e o último que ve antes de perder a consciencia foron uns preciosos calcetíns. Pero nada é o que parece…



Bolos: diversión e cansancio


Entre os diferentes bolos de presentación da súa curta, destacan dous moi especiais:

  • A viaxe a Cangas convidados polo actor Miguel Ángel Blanco, Mighello para os amigos
  • A festa que organizaon un 14 de febreiro no Teatro Colón de A Coruña para celebrar o día dos namorados.


En Cangas

Era xa de noite cando sacamos a foto, e é que foi un día moi completo.

A viaxe era longo (dúas horas e media), os protas estaban moi animados e, claro, o resto sumámonos á alegría. A xente que asistiu ao pase foi encantadora, riron durante toda a proxección e, unha vez terminada, os cinco de Calcetin(e)s deron renda solta á súa verborrea.

Preguntáronlles sobre o traballo realizado, o que aprenderon, que foi o máis difícil?, e eles, entre respostas, tamén ían contando máis cousas e chegaron a Máscaras. Queren facer máis películas.

Así é que chegamos de madrugada! Vaia cuadrilla!

Moitísimas grazas a Mighello Branco e ao seu Manancial, así como a toda a xente que nos acompañou.


A festa dos namorados

Querían algo especial e o conseguiron. Pero esta vez, ademais, foron auténticos anfitrións da festa, sorteo de regalos incluído. E tamén tiveron sorpresa, un saudo moi especial que os sorprendeu na pantalla…


Album de Flickr

14 de febrero de 2013, Teatro Colón


A trastenda da curta... e a película



Porque a película seguía...

11 de maio de 2011: se estreou ao grande Calcetin(e)s


Emocion-é, nunca mellor dito e, ademais, tivo todos os ingredientes dunha superproducción, incluído Murphy, que sobrevoaba ameazador ata o minuto cero (e un pouquiño máis) pero elixiu outro destino para aterrar.

As pequenas grandes cousas fóranse resolvendo pero houbo dous que nos mantiveron en albas ata o último minuto. Por unha banda Manolo, o protagonista, que levaba dous días con febre sen poder ir traballar e ata as seis da tarde (estreábase á sete) non sabiamos se podería vir. E por outro certos problemillas técnicos que nos tivo esperando por Iago, o dire, mentres a entrada da Fundación Caixa Galicia íase enchendo de expectante impaciencia. Aínda que hai que recoñecer que contribuía ao contexto de carisma e profesionalidade.

Como lle contaba a un amigo, foi emocionante… todo!: a presentación que fixeron os propios protagonistas, a curta, as reaccións, os aplausos, as risas, as sorpresas… polo medio e ao final. Tamén as fotos coa prensa (que esperaron por nós a pesar dos electorialistas abafos destes días), os paseillos en plan alfombre vermella… Terminou con ovación en pé. Foi magnífico!


Era a súa vida real porque estreaban o súa curta de ficción, pero estaban a protagonizar a súa película.

200 presentes nin se enteraron de que se estaba grabando unha peli

En que álbum hai que colocar a fotografía?


"Estar no expazo público tamén é poder competir


Limitacións, barreiras… e oportunidades

Rodeados de servizos de inercia, esquécesenos que ese xiro que tanto invocamos non consiste na emerxencia de novos roles sociais e prácticas en “recursos humanos”. Non en facer cousas ?para as persoas? SENÓN coas persoas. Pero, facémolo?

Aínda que a palabra competir cargouse de connotacións negativas, no mundo real compítese, incluso (ou sobre todo) connosco mesmos. Porque, non é iso o que significa “ter un soño”?

Queixámonos deste mundo tan competitivo pero encántanos falar de “competencias”, que non é outra cousa que a capacidade para realizar un traballo ou desempeñar unha función de modo adecuado. É dicir, o que necesitamos para que outra persoa non se nos adiante naquilo que perseguimos. Non é iso competir?

Ás veces o discurso dos valores peca de egocentrismo e hiperreflexividad. As boas intencións son fáciles de confundir con burbullas de proteccionismo, a peor das barreiras porque condenan a unha vida preescrita de antemán.

A linguaxe dos valores e os dereitos necesita unha sacudida. Cando nos involucramos para eliminar a contaminación dos ríos, por exemplo, estamos a competir coas intencións de quen os contamina. Quizá non consigamos o noso obxectivo, pero iso é Vivir.

A vida plena o é porque leva risco, incerteza, aventura, paixón, ilusión, curiosidade Que peor nos pode pasar que non ter soños e logo tentar cumprilos? Aínda que non os logremos.

Os protagonistas de Calcetin(e)s decidiron saír ao mundo e competir, por iso foron candidatos aos Premios Mestre Mateo. Diciamos entón

estar no espazo público, quitar as comiñas, é atreverse co mundo que se desenvolve máis aló dos “circuítos especiais”: é cinema e como tal entra a competir na categoría de curtos nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual

Non gañaron, non gañamos, pero aí queda constancia no Anuario. Quizá as oportunidades de premio fosen maiores nesoutros circuítos pero é que as burbullas son tan incómodas? E o mundo ten tanto por explorar... Estar aí, conquistar esa dobre páxina, xa é unha vitoria.



sen_comillas/e_cine.txt · Última modificación: 2024/02/22 18:26 por iagoglez