Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


jesus_vazquez_ex_conselleiro_de_cultura_educacion_e_ordenacion_universitaria_e_alcalde_de_ourense

Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación

Mentres imos percorrendo o difícil camiño cara á distribución, cada pase de Máscaras é un tesouro que nos enriquece, e enreda, nun inmenso e tentador universo de posibilidades.

E aínda que é certo que cada un ten algo especial, o da comunidade educativa é MOI importante para este Proxecto. Pero este pase de Máscaras, co Conselleiro de Cultura e Educación, actual alcalde de Ourense, como anfitrión e o encanto do Museo Pedagóxico de Galicia, tivo bóla extra:

A experiencia do pase de Máscaras de onte, cun público tan específico conseguiu o que nunca imaxinásemos: Eva sen palabras, con bágoas cheas de emoción e agradecemento polo que nos estaban dicindo. Esta é a medida do que está a supoñer ser actores na vida pública.

Nesta organización dos materiais e a reflexión, compartimos a nota de prensa da Consellería e o noso subliñado:

O conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez explicou o interese da Consellería neste modelo, “que aposta pola valía das persoas, e que soamente actúa para permitir que cada unha desenvolva a súa función, se estenda e se normalice”.

“Pretendemos – engadiu- que os nosos modelos culturais e educativos xiren cara á materialización desta potencia, coa que creo que temos a garantía de superar os obstáculos para por de relevo as eivas dun sistema do que todas e todos formamos parte”. Deste xeito o conselleiro felicitou ao director do filme, Iago González Iglesias, así como a todo o equipo que permitiu materializalo.


“Unha aposta pola valía das persoas, e que soamente actúa para permitir que cada unha desenvolva a súa función, se estenda e se normalice “




jesus_vazquez_ex_conselleiro_de_cultura_educacion_e_ordenacion_universitaria_e_alcalde_de_ourense.txt · Última modificación: 2017/05/15 13:55 por isabel