Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


belen_lopez_educadora_e_xestora_cultural

Belén López, educadora, comunicadora, exploradora...

Belén López entrou no Proxecto Máscaras por esixencias do guión, pero non do da película senón do da convocatoria de Agadic á que en 2009 presentamos aquela idea inicial de “documentar un proceso”.

Eran só unhas prácticas de quince días relacionadas coa licenciatura en Comunicación Audiovisual, pero foi a súa formación na área de educación a causante do frechazo. Porque Belén namorouse do Proxecto Máscaras desde o primeiro día. E contaxiounos o seu entusiasmo xa que, tras a estrea da sua curta e en plena fase de edición da película, a nosa enerxía estaba baixo mínimos.

Foron uns meses de traballo intenso na parte de investigación do proxecto, de cuestionar esa normalidade coa que nos sacudimos o po do que non queremos sabemos ver. E Belén ás veces desesperábase porque o seu talento para sintetizar chocaba coa necesaria lentitude dun proceso que había que seguir paso a paso, descubrindo cada banzo sobre a marcha. Un traballo que fumoscontando no blog e na primeira Wiki do proxecto.

Se algo lle gustaba da formulación era nosa obsesión por fuxir do paternalismo e das comiñas por iso a súa opinión, cando ao fin puido ver a película, era moi importante para nós: para avaliar se o resultado respondía a nosas propias expectativas. Parece que si, aquí deixamos as súas palabras de entón, porque uns meses despois, foi ela foi a que colleu o micrófono para realizar as entrevistas do Pase de Luxo.

Agora marcha cunha bolsa para Inglaterra, pero sabemos que nos volveremos a atopar. Paixón e implicación son características que adoitan unir aos espíritos libres.


O que vexo é unha historia de persoas (miguel, manolo, amparo, fe, iago…) traballando nunha película

Ola! Habería moito que dicir, pero hai moitas cousas que vexo na peli, e que xa temos falado moito na office, así que me centro nas cousas que se me viñeron á cabeza despois de vela.

Non podo valorar esta peli como se non a coñecera de nada. Desde que me empezáchedes a falar de Máscaras me engachou. É desas pelis q te inducen a pensar.

Creo que a primeira parte permite ao espectador coñecer un pouco a cada un dos personaxes protagonistas. Son moi diferentes, cada un ten a súa esencia, e captala (para o que axuda moito a 1º parte) fai que a segunda parte cobre moito máis sentido. Métete dentro da película.

Olvídaseme completamente a discapacidade, o que vexo é unha historia de persoas (miguel, manolo, amparo, fe, iago…) traballando nunha película. Creo que é importante que o especatdor coñeza a cada personaxe y se xustifique a súa presencia. A título persoal foi moi revelador coñecer este proxecto. É unha lección de sencillez, naturalidade e normalidade enmarcada na rica diversidade humana.

Un placer vela! E agora forza para seguir adiante con ela!! 🙂

Bicos a todos

Belén


belen_lopez_educadora_e_xestora_cultural.txt · Última modificación: 2017/05/27 19:07 por isabel